26 de set. de 2017

 
            LEMBRANDO A XOHANA TORRES


A escritora e académica da RAG, Xohana Torres, nacida en Santiago de Compostela en 1931, finou en Vigo o pasado 12 de 
setembro, aos 85 anos de idade.















É unha das voces máis destacadas das letras galegas contemporáneas que medraron na posguerra, cuxa obra abrangue a poesía, a narrativa, o ensaio e a literatura infantil
Na Biblioteca do CEIP de Cedeira xa tiña un lugar destacado personalizando unha das Mochilas Viaxeiras
O seu derradeiro libro: “Elexía a Lola”, está adicado á súa avoa que lle aprendeu a fala galega máis íntima e a cultura popular.
Vaia esta homenaxe para ela e para tódalas avoas e avós, pais e nais, mestres e mestras, …que nos fan medrar no noso idioma.
Agora que comeza o curso e o outono, neste momento en que nos gusta relembrar o ben que o pasamos no verán, é fermoso recordar un poema de Xohana Torres, “¿Pódese áinda…?”, do libro “Estacións ao mar”. Neste poema, a autora recorda as festas do verán da súa infancia e xuventude
" Pode unha aínda,…
 alteradas as tapias e os anhelos
entrar de novo á casa, achegarse ao faiado.
Posta de bruzos, erguer a vista ao ceo,
contemplar os foguetes da verbena máis próxima
e os cometas que cruzan polos ceos de agosto ... "

20 de set. de 2017

                                                                                 
                "O PRINCIPIÑO ARREDOR DO MUNDO"
       Inauguramos o curso recordando a Carlos Casares,autor
homenaxeado no Día das Letras Galegas, .
       Na planta baixa do colexio podedes contemplar unha colección de case cen libros en diferentes linguas e dialectos do mundo, da novela de Saint- Exupéry:  “Le Petit Prince” (O Principiño) que Carlos Casares traduciu ao noso idioma en 1972.
A colección pertenceu a Carlos Casares e agora percorre os concellos de Galicia para que todos e todas podamos disfrutar dela.
       A exposición permanecerá aberta ata o día 30 de setembro e
pode visitarse a primeira e última hora da mañá (de 9 a 10h e de 13 a 14 h.), de 15h. a 16h. e os martes pola tarde dende as 15h. ata as 19 horas.
 Convidámosvos a aproveitar esta ocasión para visitar e gozar con esta mostra tan particular e única.

18 de set. de 2017


                                             CURSO 2017-2018
Aprender a pensar coa biblioteca escolar" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezos do curso 2017/2018 con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. 
O ilustrador Xosé Tomás foi o encargado de diseñar o cartel ilustrativo deste ano.  
 Aprender a pensar a través dos contos, da tradición oral, das lecturas de ficción, da poesía, do teatro. Aprender a pensar co cine e coa música. Aprender a pensar a través do diálogo, nos clubs de lectura. Aprender a pensar nas clases. A biblioteca escolar é un espazo privilexiado para que o alumnado non perda a súa capacidade de asombro; para que aprenda a formularse preguntas e procurar algunhas respostas á complexidade do tempo que lle toca vivir. 


                                          BENVIDOS DE NOVO
                               AO COLE DE CEDEIRA !!

                      

                                AGÁRDOVOS O DÍA
                                   2 DE OUTUBRO !!